Estás aquí:

Como pode que xa saibas, Nova Andaina é unha empresa de Vilalba (Lugo) que nace co único propósito de dar solucións reais e profesionais aos problemas cotiáns dos nosos clientes. Neste post explicarei este propósito por medio dun exemplo práctico: unha parella nova, digamos que de 23 anos, adquire a súa primeira vivenda.

Ambos son novos e cheos de saúde, pero carecen dunha gran economía, polo que deciden mercar un piso moi mono en segunda planta e, como non teñen ningún problema para subir escaleiras, decídense por un edificio sen ascensor.

O tempo pasa e, ao cabo de tres anos, a nosa clienta sofre un accidente de coche que lle produce unha lesión medular e a deixa en cadeira de rodas. Juan e Nuria, que así se chaman a nosa parella, atópanse cunha nova situación que entraña un montón de dúbidas que ninguén no hospital pode resolver. Estas poden ser algunhas delas:

  • Cómo acceder á nosa casa cando saiamos do hospital e canto nos vai custar?
  • Aínda estamos pagando o piso, cómo imos afrontalo?
  • Teremos algunha subvención para adaptar a vivenda?
  • Podemos adaptar a nosa vivenda, pero non temos ascensor no edificio. Qué pasos debo seguir para instalalo?, poden oporse os meus veciños?, a qué axudas me podo acoller?
  • Que pasos debo seguir para que o estado valore a nova situación física de Nuria e solicitar a pensión de invalidez?
  • Que me cubre o seguro do coche co que tiven o accidente?
  • O seguro de vida que asinamos coa hipoteca da miña casa, que coberturas ten? ten algunha que cubra a miña nova situación?, ¿ese seguro de vida asegura tamén a discapacidade?
  • A nova situación de Nuria conleva un gran gasto farmacéutico, ¿que me cubre e que non me cubre a Seguridade Social?, ¿a qué axudas funcionais teño dereito?, ¿cúbrese a cadeira de rodas, colchón antiescaras…?
  • Necesitarei unha persoa que me axude en casa, a qué axudas asistenciais teño dereito e a onde me debo dirixir para solicitalas?

Unha Nova Andaina da solucións de hoxe aos problemas de Nuria, que pode que tamén sexan os teus. A continuación, explícoche como darei resposta a todas e cada unha das cuestións que afectan a Juan e Nuria e que calquera podemos plantexarnos nun momento da nosa vida, igual que nos sucedeu a nós no seu momento. 

  1. Asesoría Xurídica e consultoría de seguros 
    • Revisión das pólizas privadas que ten contraídas e mediación para a resolución do conflito.
  2. Trámites coa administración pública
    • Xestión do grao de discapacidade e solicitude da prestación por minusvalía.
    • Xestión cos servizos sociais das axudas asistenciais e xestión coa administración das axudas funcionais por discapacidade.
    • Xestión das axudas locais, autonómicas e estatais para adaptación da vivenda.
  3. Servizo de rehabilitación rehabilitación de edificios con financiamento á súa medida
    • Accesibilidade do edificio. Instalación de ascensor ou elevador. Temos a posibilidade de realizar esta obra chave en man, incluíndo: Proxecto, licenza de obra, execución da obra e legalización da instalación.
    • Realización da reforma / adaptación da súa vivenda.

En canto a se os veciños poden opoñerse á instalación do ascensor, a resposta atopámola na Lei de Propiedade Horizontal. No seu artigo 10.1.b establece que en canto á accesibilidade de edificios de vivendas, terán carácter obrigatorio e non requirirán de acordo previo na Xunta de Propietarios as obras requiridas que resulten necesarias para garantir os axustes razoables en materia de accesibilidade universal cando estes sexan realizados a instancia dos propietarios na cuxa vivenda ou local vivan, traballen ou presten servizos voluntarios persoas con discapacidade ou maiores de 70 anos. No resto de supostos, si será necesario que haxa acordo previo.

Se tes preocupacións relacionadas con estas cuestións ou outras parecidas, non dubides en contactar comigo. Xuntos, atoparemos solucións!