Estás aquí:

O porqué deste blog: As sandalias de papá

Imagen de carlo_reisch en Pixabay
Imagen de carlo_reisch en Pixabay

Jesús botaba o ano en sandalias, verán e inverno. Todos os anos mercábamos tres ou catro pares de sandalias e chancletas distintas para él, porque era o seu calzado de relax. Cando non estaba traballando no escenario, sempre estaba en sandalias porque decía que él tiña que ter os pés libres.

Cando se manifestou a enfermidade e comenzaron as amputacións, primeiro no pé dereito e logo no esquerdo, xa non podía calzar as sandalias, era absolutamente imposible. Durante toda a convalecencia das 15 operacións, sempre estivo cos pes vendados, algo que para el era terrible e para as enfermeiras nin che conto, porque á hora de «envolver o caramelo» (que é como él lle chama á vendaxe dos pes), nunca queda o suficientemente lixeiro e cómodo.

Como xa contamos, Chuppy estaba a cotío falando con Xesús, a quen lle chama o das sandalias de Nazaret. A cotío pedíale pola súa curación… e entón os nenos e máis eu comenzamos a decirlle: «Papá, tes que pedirlle a Xesús que che fabrique unas sandalias para os teus pes novos». E así foi como comenzou Chuppy o proceso de aceptación da súa nova realidade: buscando e pedindo por unas novas sandalias para os seus mini pés.

Así que cando comenzamos a falar de materializar este proxecto empresarial tiñamos claro que o canle de conexión emocional cos nosos clientes tiña que chamarse así: as sandalias de papá.