O meu nome é Marta
Acompaño no desenvolvemento da súa nova vida a persoas do rural galego que conviven cunha discapacidade.
Se é o teu caso, quero que saibas que restar gris e sumar cor á túa nova situación é posible. Eu fíxeno, nós fixémolo.
E da experiencia que vivimos na miña familia aprendín moitas cousas que, seguro, che servirán na túa Nova Andaina.
Vive unha vida plena no rural galego
Xuntos poñeremos remedio e vontade aos obstáculos que implica vivir no rural galego cunha discapacidade.
Gaña autonomía e benestar
Moitos dos pasos que tes que dar ti agora son os mesmos que tiven que dar eu. Compartirei contigo todo o aprendido.
Aforra cartos, tempo e enerxía
Os trámites coa administración son longos e tediosos... pero necesarios. Co meu apoio terás todo xestionado antes do que pensas.